Rúa Salvador Allende, 4-----15011---A Coruña

 

 

 

 

 

 

Navegando por este sitio poderás atopar libros interesantes.

Podes ver a biografía e obra do escritor ou escritora do teu interese.

Na columna da dereita tés máis opcións.

Se aínda así non atopas o que buscas, ponte en contacto connosco e darémosche unha solución

Dende aquí podemos atender, tamén, os teus pedidos e as túas suxestións.

Agardamos serche de utilidade.

Moitas grazas pola túa visita.

Anos despois da súa aparición, Galvdn en Saor continúa a ser unha das novelas galegas máis lidas e mellor valoradas.
Partindo da recreación de temas e motivos da Materia de Bretaña, tratados a partir dunha óptica renovadora e persoal, Darío X. Cabana crea unha fermosa novela de aventuras que se desenvolve ao longo de dous escenarios cronolóxicos: a modernidade dunha Galicia actual e a mitoloxía do medievo artúrico.

O principal personaxe da novela é un Galván entrañable e cincuentón, sobriño do Rei Artur, que viaxa en motocicleta e namora perdidamente de Silvania.

Desde a reivindicación de autores como Á. Cunqueiro e X. L. Méndez Ferrín, Darío X. Cabana construíu, na que fora a súa primeira proposta narrativa, unha novela memorable, deliciosa, presidida pola beleza das imaxes e pola riqueza da linguaxe.

Alvarellos

Baia

Bibliófilos galegos

Biblioteca galega

Citania

Cumio

Do Castro

Embora

Espiral Maior

Everest

Galaxia

Kalandraka

Nova Galicia

Positivas

Tórculo

Toxos Outos

Tris-Tram

Xerais

Atopa máis

editoriais